Co verán chegan as festas gastronómicas e non hai localidade en Galicia que non teña unha celebración deste tipo. Na Illa de Arousa, onde xa celebran varias festas relacionadas co marisco, veñen de inventarse unha nova: a Festa da Ameixa Encarnada. Celebrarase os días 10 e 11 de xullo no peirao do Xufre e repartirá 1.800 kilos de produto. Organiza o evento o Clube de Ximnasia Rítmica do municipio.
E mentres, en Catoira xa están a organizar a segunda edición da Cea Vikinga que non ten por obxecto ensalzar ningún produto en particular senón completar o programa festivo dunha das romarías máis importantes de Galicia, que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. Dado o éxito de participación da primeira edición, o Concello catoirés decidiu repetir, o sábado previo ao desembarco. Iso si, os comensais deberán ir ataviados con traxes de época. O encontro rematará cunha queimada purificadora.