A directora-xerente de Turgalicia, Carmen Pita, e os alcaldes dos concellos de Meis, José Luis Pérez Estévez; Ribadumia, Salomé Peña; e Cambados, Luis Aragunde asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha do primeiro centro BTT (bicicleta de montaña) da rede galega, co obxectivo de desenvolver o cicloturismo na Comunidade galega. Segundo este acordo, o centro BTT desta comarca instalarase no campo de golf de Meis, e os asinantes comprométense a desenvolver accións de promoción e implantación deste punto de desenvolvemento do cicloturismo.