Noite de lume en Galicia

Esta noite as fogueiras de San Xoán encherán de lume a Galicia nunha noite máxica na que as sardiñas cobran todo o protagonismo gastronómico asadas nas brasas e na que non faltarán as fogueiras, dende Poio, onde celebran as festas patronais, ata o Barco, onde tamén están de festa.
No eido urbán, na cidade da Coruña, teñen unha grande tradición as fogueiras nesta noite máxica. Estímase que unhas 100.000 persoas daranse cita nas praias urbáns. En Ourense están tamén de festa, e celebran a noite con lume, sardiñas e queimada; mentras que en Vigo as fogueiras concéntranse na praia de Samil, ademais dun aquelarre con figurantes de O Berbés.
En Sarria, ademais de sardiñada hay pancetaza; en Lugo, na Pringalla, becerro ao espeto, pementos e cervexa; en Ferrol chama a atención a lumeirada de Batallones, no barrio de Esteiro; e en Rivadavia a festa compleméntase cunha exposición de herbas aromáticas e queimada.
Nesta noite máxica de lume, unha das tradicións no rural era a de sacar os carros (cambialos de lugar) pola noite e as cancelas, cousa que facían os mozos para desesperación dos propietarios deste elementos e canto maior fose a oposición, meirande a diversión.
Outra tradición era a de facer un ramo de frores e prantas (sete como mínimo) que se recollían o día 23 ou a víspera. Con elas facíase un ramo que, despois das fogueiras, deixábase en auga á luz da lúa toda a noite. Na auga resultante había que lavar a cara o día 24 e colgar o ramo nalgún lugar da casa. Este ritual garantía, segundo a tradición popular, a protección contra os malos espíritus.