O BNG pregunta por que se elimina o transporte marítimo turístico na ría de Pontevedra

O deputado do BNG Bieito Lobeira rexistrou unha iniciativa parlamentaria co obxecto de coñecer as razóns polas que se elimina o transporte marítimo turístico na ría de Pontevedra previsto para o verán deste ano. Lobeira considera que o anuncio realizado polo presidente do Ente Portos de Galicia sobre a posta en marcha deste servizo, “é un anuncio propagandístico, que se converte, unha vez máis, nunha fraude”.

O deputado do BNG explica que a liña regular de transporte marítimo de viaxeiros e viaxeiras, con finalidade turística, na ría de Pontevedra, “tiña mesmo fixado o seu traxecto que descorrería entre Pontevedra-Marín-Aguete (Seixo)-Beluso”, pero chega o verán e non se vai poñer en marcha”. O BNG pregunta no Parlamento galego polas razón que levaron a anulación desta liña e se finalmente, se vai poñer en marcha o servizo.