O Litvi 2010 recibe hoxe a Pérez Henares

O primeiro encontro internacional de literatura de viaxes LITVI 2010, celebrado entre o 20 e o 27 de xuño e que forma parte do Camiño da Reflexión da programación de Xacobeo 2010, recibe na xornada de hoxe sábado 26 de xuño, ao viaxeiro, escritor e xornalista Antonio Pérez Henares. Na súa conferencia O aventureiro, o autor falará das súas experiencias vividas en África ou nas Rutas Quetzal. A cita será na Fundación Caixa Galicia da Rúa do Vilar desde as 20.00 horas, coa introdución de Xosé Antonio Perozo.

Pérez Henares presentará ás 18.30 horas as súas obras Un sombrero para siete viajes e El pájaro de la aventura, tralo que asinará libros aos seus lectores.

Previamente manterá un encontro cos medios de comunicación (ás 11:30 horas) na Feira do Libro de Viaxes da Alameda. Porén, o primeiro libro en ser presentado na xornada será o 100 cousas que facer en Galicia de Pemón Bouzas, quen tamén estará a disposición dos seus seguidores.