O conselleiro de Cultura e Turismo e o vicario xeral do Arcebispado de Santiago de Compostela, chegaroon a un acordo para abrir ao público o Panteón de Galegos Ilustres antes do 25 de xullo, nunha reunión que mantiveron nas dependencias da Consellería.
Roberto Varela amosouse satisfeito "por conseguir que se cumpra o compromiso de abrir o monumento dentro do ano Xacobeo" tal e como anunciou ante o Parlamento de Galicia hai unha semana. "É un gran acordo para todos os galegos".
O réxime de apertura do Panteón regularase a través dun convenio que se asinará nestes días.