O Ribeiro capta clientela en Alemania

Dez adegas do Ribeiro visitaron Alemania na última misión comercial programa polo Consello Regulador para o ano 2010 neste mercado. Campante, Casal de Armán, Coto de Gomariz, Sanclodio, Viña Mein, Nairoa, Pazo do Mar, Eduardo Peña, Vitivinícola do Ribeiro e Bodegas Docampo tomaron parte nestas presentacións.

Munich e Bremen constitúen as dúas últimas paradas no percorrido trazado polo C.R.D.O. Ribeiro en colaboración co IGAPE, no que tamén se visitaron as cidades de Berlín, Hamburgo, Colonia e Wiesbaden. Un plan de penetración no mercado alemán, principal país de exportación para a D.O. xunto a EE.UU., que se viu reforzado pola participación do C.R. e as súas adegas nas dúas últimas edicións de ProWein, feira internacional especializada no sector viños que se celebra todos os anos en Düsseldorf.