O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asinou co presidente do Consello de Administración de Begano Coca Cola, Federico Amor, un convenio de patrocinio polo que a empresa galega apoiará ao Xacobeo 2010 con un millón de euros co obxectivo de que "a canle sexa fundamental para levar o proxecto Xacobeo a tódolos recantos de Galicia".
Segundo Varela, a través da sinatura deste convenio de patrocinio Begano S.A. "demostra a súa implicación co amplo e ambicioso proxecto que supón o Ano Santo" e asemade, "amosa o seu compromiso e o seu apoio aos programas e actividades que se están a desenvolver con motivo deste Xacobeo".