Os alumnos de 3º de Diploma de Xestión en Empresas Hostaleiras e de 2º de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia presentaron os seus proxectos fin de carreira. Son estudos de viabilidade empresarial para a construción e posta en marcha de 15 hoteis (de tres, catro e cinco estrelas) e tres restaurantes no Pirineo Aragonés, Cartaxena, Pamplona e Fuerteventura.
O estudo de viabilidade abarca as áreas de marketing, alimentos e bebidas, instalacións, aloxamento, recursos humanos, lexislación e finanzas. Os alumnos deben plasmar o aprendido nos tres anos do Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras e nos dous anos de Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña e demostrar que adquiriron unhas competencias mínimas que lles permitirán desenvolver no futuro as labores directivas no mercado laboral.
No Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, os alumnos presentaron tres proxectos a semana pasada. Os restaurantes Rotua, Tempo Slow e Bon Voyage foron ideados polos alumnos e plasmados durante unha semana de explotación no restaurante carta do CSHG, xestión que tivo lugar durante o mes abril deste ano.