A Rapa das Bestas de Sabucedo quenta motores

A aldea estradense de Sabucedo ultima detalles para a celebración durante esta fin de semana da súa grande cita do ano, a Rapa das Bestas, considerada unha das máis populares e aclamadas polos visitantes.

O comezo da romería terá lugar o venres coas exposicións O sentir dun pobo e A escola do Mestre de Sabucedo. Á noite amenizarase a velada cun festival no que actuarán Sacha na hora, Compañía do ruido, Falperrys y Bodega Bodega.

O sábado comezará a subida aos montes para xuntar aos equinos e o primeiro gran asalto será ás 22.00 horas no curro, onde os aloitadores 'loitarán' corpo a corpo cos cabalos salvaxes.

O domingo ao mediodía terá lugar o segundo curro e o resto das actividades musicais e lúdicas, deixando para o lun a despedida do curro de marcaxe.