O número total de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros de Galicia durante o mes de maio foi de 356.849, a cifra máis elevada da década, que supón un incremento do 20,4% en relación ao mesmo período do ano pasado. En relación ao mesmo mes de 2004, último ano Xacobeo, tamén se produciu un incremento importante do volume de viaxeiros, neste caso do 13,4%, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE) que recolleu a Xunta.
Esta dinámica positiva supera en Galicia o observado para o conxunto do Estado, onde por termo medio a cifra de viaxeiros se incrementou só nun 5,8%. A taxa media de crecemento de Galicia é a máis elevada do conxunto de comunidades autónomas do Estado, superando neste caso a Madrid, Cataluña ou Canarias, que tamén experimentaron crecementos notorios no mes de maio. Tomando como partida os cinco primeiros meses do ano 2010, rexistrouse un incremento interanual do 11,2% no volume de viaxeiros, acumulando unha cifra global de 1.205.238, dinámica que tamén se amosa positiva no conxunto de España, aínda que nun ritmo menor, do 4,7%.
A cifra positiva do mes de maio é a terceira que se rexistra de forma consecutiva neste Ano Santo.