A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, asonou en Madrid un convenio de colaboración co secretario de Turismo, Joan Mesquida para a realización de accións conxuntas de marketing con Turespaña dirixidas a fortalecer o posicionamento dos destinos turísticos galegos.
Este acordo, valorado nun total de 800.000 euros e no que Turgalicia achega 400.000 euros, pretende mellorar a eficacia e rendibilidade dos orzamentos de marketing de ambas organizacións.
As dúas entidades coordinaranse tamén con outros organismos públicos e privados que persigan os mesmos fins de fortalecemento dos produtos galegos, así como do apoio á súa comercialización no sector, como poden ser turoperadores, compañías aéreas, sector hoteleiro e de hostalería, empresas de receptivo e demais empresas do sector turístico. Deste xeito, a promoción en destinos emisores e as súas áreas de influencia pasa a ser dun total de 1.700.000 euros.