Turismo Rías Baixas aconsella a José Sócrates que reconsidere a súa postura sobre as peaxes

O presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, aconsellou ao xefe do Executivo portugués que reconsidere a súa postura con respecto á posible implantación de peaxes nas autovías da zona norte. Figueroa califica de “mala noticia” a posibilidade de aplicar medidas de pago nas vías de alta capacidade de Portugal, algo que, polo momento, rexeitou o Parlamento daquel país.

“Os que defendemos unha apertura de movilidade na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal cremos que esto xenera dificultades e mala información”, sinalou Figueroa.