O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo de Vigo, Santi Domínguez, anunciou a creación do Vigo Film Office como unha figura do Vigo Convention Bureau “para promocionar a cidade como destino de todo tipo de producións”, entre as que destacou películas, series televisivas, presentación de produtos ou anuncios publicitarios. Salientou tamén que a recente incorporación de Vigo ao Spain Convention Bureau “abre unha nova etapa” no obxectivo de apostar polo turismo de negocios.
“Temos que seguir traballando e creando novos produtos”, afirmou Santi Domínguez na presentación da iniciativa. Comentou que unha figura similar ao Vigo Film Office xa existe noutras cidades como Barcelona, Málaga ou Santiago. Para o edil, o feito de que unha cidade saia nunha película de éxito “é unha promoción impagable e menos custosa que se hai que facer unha campaña publicitaria”. Santi Domínguez asegurou que o custe desta oficina “será cero”, xa que a tramitación, axuda e colaboración será asumida polo persoal do Vigo Convention Bureau.