O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, inaugurou as primeiras Xornadas de Turismo e Comunicación que se celebran na Coruña e en Betanzos, respectivamente. Estas xornadas celébranse con motivo do primeiro aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidad e pretenden salientar a importancia do turismo cultural en toda a zona do Consorcio das Mariñas.
Na súa intervención Tello sinalou que estas xornadas son a continuidade da cooperación entre o Concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas. Ademais fixo fincapé no papel fundamental que xoga o Patrimonio como reclamo e recurso turístico. Salientou ademais o carácter transversal do turismo na economía e a trascendalide que supón que os medios de comunicación axuden a difundir o patrimonio.
A conferencia inaugural destas xornadas, A importancia do patrimonio como dinamizador do turismo, correu a cargo de Rubén Lois, catedrático de análise xeográfica rexinonal e ex director xeral de Turismo no anterior goberno da Xunta.