O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reiterou no Parlamento de Galicia que o Goberno galego mantén entre os seus obxectivos os proxectos de metro lixeiro das cidades da Coruña e Vigo. Durante a súa comparecencia, Agustín Hernández lembroulle aos deputados presentes no Pleno da Cámara galega que “os proxectos para os metros de A Coruña e Vigo non están paralizados, de feito, insistiu, os estudos de viabilidade e os anteproxectos das dúas infraestruturas foron licitados nos pasados 25 de maio e 9 de xuño, respectivamente”.