Amigos da Terra colabora coa Concellaría de Medio Ambiente de Marín na posta en marcha dunha nova Campaña de Sensibilización Ambiental nas praias deste municipio, co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de coidar as praias e os seus ecosistemas. A campaña que se prolongará durante todo o mes de agosto, percorrerá cada venres un areal distinto, dando a coñecer aos cidadáns os sistemas de mellora implantados ata o momento, como o Certificado EMAS (Sistema Comunitario de Xestión e Auditoria Medioambientais), e informándolles sobre a necesidade de colaboración na conservación destas zonas. Portocelo, Mogor, Aguete e Loira serán os areais que acollerán esta campaña.
En cada un dos areais disporase un posto informativo no que os cidadáns poderán obter guías de separación selectivas, trípticos da campaña, cinceiros de praia para as cabichas e colectores de pilas. Haberá tamén obradoiros de refugallos e zona de ocio.