A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou a V Edición da Festa do Viño da Denominación de Orixe Monterrei, que se celebrará en Verín os vindeiros 7 e 8 de agosto. A secretaria xeral destacou “a marcada personalidade, a autenticidade, o arraigo e o valor cultural” deste evento vitivinícola, ao tempo que gabou as actividades programadas nesta quinta edición da festa (degustacións gastronómicas, actuacións musicais, diferentes mostras e exposicións dos adegueiros, etc.), e que terán lugar na Praza García Barbón de Verín.
A responsable de Turismo apostou por seguir promocionando entre todos a Festa do Viño “dentro e fóra das nosas fronteiras”. Nese sentido, mencionou a reputación notable que están acadando os viños e adegas desta Denominación de Orixe mesmo nos mercados internacionais. “Robert Parker, unha das máximas autoridades mundiais en materia de crítica enolóxica, ten situado na súa prestixiosa lista a varios representantes desta Denominación, como a adega Quinta da Muradella ou viños como o Gorvia”, dixo.