O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Mouriño, asinaron un convenio de colaboración para a realización de actividades culturais arredor da obra de Manuel Curros Enríquez. En virtude deste acordo, a Consellería de Cultura e Turismo destinará 17.500 euros para o desenvolvemento dun total de cinco programas culturais.
Na conmemoración do Ano do Libro e da Lectura de Galicia, a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción de Difusión da Cultura, poñerá en marcha conxuntamente coa Fundación Curros Enríquez un programa de actividades, unha exposición, cursos, edicións e publicacións de libros e unha xornada de convivencia, todas elas en torno á figura do poeta de Celanova.