Este mércores terá lugar na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), sita en Ribadumia, un curso dedicado á selección clonal de diferentes castes autóctonas galegas. Esta acción formativa vai dirixida a técnicos relacionados co medio rural; de consellos reguladores; enólogos; viticultores e cooperativas, entre outros.
O curso, de seis horas de duración, pretende amosar os resultados obtidos cos clons seleccionados da variedade Albariño e dar unha ampla visión do estado actual da selección das castes Caíño, Espadeiro, Brancellao e Sousón. Ademais, participarán dous relatores que falarán sobre a importancia da selección clonal diante do cambio climático e dos traballos que se realizan neste mesmo eido da viticultura na Comunidade de Castela e León. Tamén haberá unha visita á finca experimental e unha mesa redonda.