A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia veñen de asinar un convenio de colaboración, polo que o alumnado de FP poderá realizar o módulo de formación práctica nos centros de traballo desta asociación. Nun acto celebrado no Balneario de Laias (Ourense), o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o presidente da asociación, Rafael Luaña, asinaron o devandito documento, do que destacaron a súa especial importancia para a preparación dos futuros profesionais galegos, o que redundará nunha maior calidade do servizo prestado nestes balnearios.
Cada balneario recibirá aos alumnos ao comezo do período de prácticas, responsabilizándose da súa formación, para o que designará aos titores responsables de cada área formativa. En total, serán 20 os balnearios acollidos ao convenio. Na provincia de Ourense, os estudantes poderán facer as súas prácticas nos de Arnoia, Baños de Molgas, Caldas de Partovia, Carballiño, Laias (Cenlle), Lobios (Riocaldo) e Sousas (Verín). Na de Pontevedra, os de Brea, Cuntis, Mondariz, Caldelas de Tui, A Toxa, Acuña e Dávila (ambos en Caldas de Reis), serán os que reciban a alumnos; mesma tarefa que desenvolverán na provincia de Lugo os balnearios de Lugo, Río Pambre (Palas de Rei), Guitiriz e Augas Santas (Pantón); e o de Carballo, na provincia da Coruña.