Unha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia, a Festa do Albariño de Cambados, ultima os detalles dunha nova edición coa vista posta xa en 2011, cando se espera que sexa declarada festa de Interese Turístico Internacional. Este ano agárdase a participación dunhas sesenta adegas da D.O. Rías Baixas, que presentarán os seus viños en corenta e dous stands, sitos no Paseo da Calzada.
Durante a presentación da festa, en Vigo, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, salientou a capacidade que o enoturismo posúe á hora de incrementar os fluxos turísticos, desestacionalizar a demanda, desenvolver a economía local e rexional, crear unha imaxe de destino de calidade e impulsar a produción.