A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, inaugurou no Cebreiro a exposición “Elas fan Camiño”, que rende homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia. A área de Igualdade da Xunta pretende con esta exposición, que percorrerá todos os concellos do Camiño Francés ata rematar en Compostela alá polo fin do ano xacobeo 2010, “render unha homenaxe á participación das mulleres na peregrinación e ao activo traballo de moitas mulleres por promover o camiño e por axudar aos peregrinos e peregrinas a rematar con éxito o seu percorrido a Santiago”, sinalou González.
As mulleres peregrinaron dende moi cedo aos lugares mais afastados e relevantes do cristianismo, e tamén foron protagonistas na creación e mantemento dos camiños e rutas de peregrinación, verdadeiras canles de circulación da cultura e dos progresos técnicos e socioculturais europeos durante séculos.