A Consellería do Mar vén de publicar a modificación da Orde pola que se declaran e clasifican as zonas de producións de molusco bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Atendendo ás recomendacións do CEFAS, a Consellería do Mar, a través do Intecmar, levou a cabo as analíticas que determinaron unha nova clasificación das zonas de produción de moluscos bivalvos no litoral de Galicia. As analíticas amosaron unha mellora na parte externa das Rías do Burgo, de Aldán, na Ensenada de Fisterra e no esteiro do río Tallara, situado na Ría de Muros.
As análises do Intecmar evidenciaron asimesmo un empeoramento na parte interna das Rías de Viveiro e Ferrol, na parte interna da enseada de Muros, no saco de Fefiñáns en Cambados, nas ensenadas de Baiona e Laracha e en Miño.