O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou a nova revista Ad Limina, editada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, como “un elemento necesario que garante o progreso constante da investigación dos estudos do Camiño de Santiago e que contribúe ao desenvolvemento cultural e científico das peregrinacións compostelás”. O conselleiro destacou “o carácter científico e marcadamente interdisciplinar” do proxecto Ad Limina, e sinalou entre os seus obxectivos o de “aportar progreso intelectual ao complexo fenómeno universal das peregrinacións maiores, así como ofrecer respostas e informar das novas investigacións no importante eido dos estudos do Camiño de Santiago”.
A revista en formato papel terá os contidos en galego, castelán e inglés. Non obstante, proximamente Ad Limina contará tamén cunha versión electrónica, accesible desde a páxina web do Xacobeo.
Por outra banda, o Partido Socialista de Ourense vén de presentar unha iniciativa na Cámara Autonómica na que reclama explicacións a Turismo pola eliminación das comarcas de Monterrei e A Limia na programación do Xacobeo. Os socialistas consideran que, no seu conxunto, a provincia de Ourense está sendo “marxinada” pola Xunta a este respecto.