O albergue de Seixas (Palas de Rei) abrirá as súas portas o próximo martes 27 de xullo e permitirá contar con 36 novas prazas no concello lucense. Respecto aos albergues temporais xa en funcionamento, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo investiu máis de 1,5 millóns de euros para a dotación de prazas de aloxamento para peregrinos nos albergues temporais instalados en diferentes localidades polas que discorre o Camiño de Santiago.
En concreto, este investimento supuxo a creación de 4.402 prazas para peregrinos para así atender a maior demanda de aloxamento que se produce nos meses de maior afluencia de peregrinos como son xullo e agosto.