A Festa do Galo e Mostra Cabalar de O Pino regresan esta fin de semana cunha ampla programación. Segundo recolle El Correo, o pistoletazo de saída porao a II Feira Celta, cos tradicionais postos de artesanía, exhibicións, obradoiros e actuacións teatrais. O pregoeiro será o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.
No tocante á Festa do Galo, esta será o domingo e incluirá exposición de exemplares de galo e galiña Piñeira e de galo de curral. Os mellores animais levarán premio.
Pola súa banda, a vila de Muxía celebrará os días 7 e 8 de agosto un gran Mercado das Rutas do Mar, con personaxes como piratas, meigas, máscaras, etc. Non faltará tampouco unha degustación gratuita de peixe no paseo marítimo.