O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, subliñou que o Goberno galego está conseguindo facer “o mellor Xacobeo no peor momento” e considera que “o mellor está por chegar”. Rueda destacou que o Goberno galego está conseguindo “facer máis con menos” e logrando que este sexa o “mellor Xacobeo da historia en termos de rendibilidade para Galicia”.
Segundo lembrou o popular, o actual é un Xacobeo no que os galegos “contamos con menos recursos propios, porque tiñamos unha menor dispoñibilidade orzamentaria debido aos buracos económicos herdados do bipartito e aos recortes de Zapatero”. Así mesmo, tamén matizou que “contamos con menos apoio por parte do Goberno central, que non considerou o Xacobeo este ano como un proxecto de Estado, como adoitaba ser, e limitou o seu respaldo a sacar un selo conmemorativo e a acuñar unha moeda”. Non obstante, como indicou o secretario xeral do PPdeG, “cunha programación extensa e descentralizada logrouse que os visitantes estean chegando a Santiago con maior intensidade que outros Anos Santos e conseguindo, ademais, que se achegaran tamén a outros puntos de Galicia”.