O Sindicato Labrego Galego vén de solicitar a Medio Rural o desenvolvemento dun Plan de Apoio ao Sector do Viño, dado que “está a atravesar unha situación delicada debido a distintos factores como a baixada de consumo de viño, a diminución do volume de exportación, unha baixada de prezos, a diminución da produción por motivos climáticos, a subida dos custes de produción, etc”, sinala o sindicato.
O SLG valora o esforzo modernizador que veñen realizando nos últimos anos tanto os produtores como os adegueiros pero bota en falta un maior apoio da Administración. Por iso pide a Medio Rural, entre outras medidas, a mellora e mantemento dos accesos ás zonas tradicionais de viñedo de Galicia, a realización de campañas “adecuadas” para a promoción do consumo responsable, elaborar e difundir un vocabulario propio para a xente do sector ou poñer medios para impedir a entrada de uvas de fóra de Galiza de xeito irregular.