O concello pontevedrés de Ponte Caldelas celebrará, o vindeiro 22 de agosto, a Festa da Batalla da Independencia-Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros. Os actos comezarán ás 12.00 horas, coa apertura da feira e a homenaxe aos vellos oficios e continuará unha hora máis tarde coa recreación da Batalla, na ponte sobre o río Verdugo.
Haberá tamén unha exhibición de cetrería e outra de doma e unha xornada gastronómica, con produtos de época.
Haberá tamén unha exhibición de cetrería e outra de doma e unha xornada gastronómica, con produtos de época.