O Centro do Viño da Ribeira Sacra, onde ten a súa sede o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, acolleu a entrega de premios da X Cata de Tintos Galegos en Euskadi. José David Fidalgo, representante da organización da Cata (Irmandade de Centros Galegos en Euskadi), foi o encargado de entregar o premio que recibiu esta D.O., un segundo premio que recaiu no viño Don Ramón 2009, da adega Don Ramón S.L.
O representante da adega Don Ramón agradeceu o premio e desexou que a Denominación siga cultivando éxitos nos concursos aos que se presenta. A Cata levouse a cabo en xuño, coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Euskadi, celebración que cumpría 25 anos e que contou coa asistencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.