A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo e adscrita á Secretaría Xeral para o Turismo, vén de iniciar unha campaña publicitaria para a promoción do destino turístico Galicia e dos voos directos cara á comunidade galega en seis aeroportos internacionais europeos.
No momento do ano no que máis tráfico de viaxeiros se rexistra nos aeroportos por mor das vacacións estivais, Turgalicia instalou varios paneis promocionais en dúas instalacións aeroportuarias de pasaxeiros de Londres, unha de Francfort, unha de París, unha de Roma, a de Lisboa, Bruxelas, Amsterdam, é dicir, as que operan voos directos cara a Comunidade galega.
Nestes paneis informativos, a Xunta de Galicia promocionará entre os meses de xullo e agosto o destino Galicia en xeral e o Xacobeo 2010 en particular, ademais de lembrarlles aos usuarios destes aeroportos os voos directos que operan cara Galicia.