A D.O. Ribeira Sacra obtivo un total de trece premios no Concurso Internacional de Viños de Montaña de Aosta, ao que se presentaron 27 mostras correspondentes a 19 adegas. Ademais, a denominación obtivo de novo o Premio Especial Cervim.
A D.O. Ribeira Sacra conseguiu 10 medallas de ouro, superando substancialmente os resultados da pasada edición, que xa fora considerada un éxito. As 10 medallas de ouro foron para: Regina Viarum 2009 de Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi); Portelo 2009 de Terras de Líncora S.C.(subzona de Chantada); Almalarga 2009 de Pena das Donas S.L. (subzona de Ribeiras do Miño); Viña Regueiral 2009 de José Rodríguez Prieto (subzona de Amandi); S.A.T. Virxe dos Remedios (subzona Ribeiras do Miño); Don Bernardino 2009 de Emilio Rodríguez Díaz (subzona de Amandi); Cardenal Rodrigo de Castro 2009 de Adega Soutelo S.L. (subzona de Amandi); Adega Vella mencía 2009 de Jorge Feijoo González (subzona de Ribeiras do Sil); Vía Romana de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L. (subzona de Chantada) e Cividade 2009 de José Ramón Verao Pérez (subzona de Amandi).
Ademais dous viños da D.O. recibiron tamén medalla de prata: Décima 2009 de José Manuel Rodríguez González (subzona de Amandi) e Don Bernardindo 2007 de Emilio Rodríguez Dáiz (subzona de Amandi).
O palmarés da Denominación de Orixe Ribeira Sacra este ano complétase co Premio Especial Cervim 2010 para Regina Viarum S.L. (subzona de Amandi), que xa o ano pasado se fixo con este prestixioso premio. Este recoñecemento outórgase a unha adega por país e é o resultado da suma das puntuacións obtidas polos distintos viños que presente cada adega. En setembro representantes do C.R.D.O.R.S. acudirán a Aosta para recoller os galardóns que serán entregados aos destinatarios finais na comida de Nadal que todos os anos organiza o Consello Regulador.