O número de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados de Galicia durante o primeiro semestre do ano foi do 12,6% respecto ao mesmo período do ano 2009, segundo os datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística (INE) que recolle a Xunta. As cifras das pernoitas tamén superaron os valores do ano pasado, nun 8,7%. O incremento dos seis primeiros meses do ano viuse ademais mellorado respecto ao primeiro semestre do anterior Xacobeo 2004, cun 6,4% de aumento no caso dos viaxeiros e dun 6,6% no caso das pernoitas.
O incremento no volume de viaxeiros é unha característica común a todas as tipoloxías de aloxamento -segundo explica a Xunta- sendo especialmente significativo nos hoteis e pensións da comunidade, xa que ambas rexistran unha suba do 13% respecto do primeiro semestre de 2009. Os apartamentos turísticos e os cámpings, que amosan subas menos dinámicas, superan levemente os valores do ano pasado, rexistrando en conxunto estas dúas modalidades unha suba media do 1,9%.