A Semana do Mar de Moaña quedará coxa este ano pois debido á toxina reinante nas rías galegas non se poderá celebrar a tradicional Festa do Mexilón. Nembargantes, haberá actividades suficientes como para encher o tempo de lecer de veciños e visitantes. O luns día 2 comezan as visitas polo mar moañés, que partirán do peirao de pasaxeiros.
Os amantes das embarcacións tradicionais tamén terán a oportunidade de gozar da navegación no galeón Eliseo, que realizará rutas os días 4 e 5 de agosto. Tamén están previstos eventos deportivos como a XXVIII Bandeira Concello de Moaña.