A Fundación Illa de San Simón vén de autorizar o acceso dunha liña de transporte regular desde o porto de Vigo para facilitar as visitas que permitan dar a coñecer os recursos patrimoniais, históricos e paisaxísticos deste enclave natural da ría de Vigo. A través do programa “Embárcate en Vigo”, as visitas á Illa continurarán desenvolvéndose ata o mes de setembro de xeito regular durante as fins de semana.
Durante a travesía, os interesados teñen ao seu dispor un sistema de audioguía no que se relatan os feitos máis relevantes da historia da ría de Vigo, así como outros datos de interese do porto e da cidade, da batalla de Rande e das illas de San Simón e San Antón. Os barcos parten do porto de Vigo ata a illa de San Simón onde se fai escala para visitar o conxunto arquitectónico e paisaxístico que conforma esa illa, xunto coa de San Antón, e donde é posible visitar unha exposición permanente sobre a historia do arquipélgo, así como pasear, nun percorrido aproximado dunha hora de duración, entre obras de arte (con obras de Leiro, Silverio Rivas, Moncho Lastra, Sergio Portela ou Manuel Ferreiro, entre outros) e unha vexetación que conforma un verdadeiro xardín botánico, con especies de procedentes de todo o mundo.