A Xunta aproba inicialmente o Plan do Litoral de Galicia e procede á apertura do trámite de información pública. Segundo explica o Goberno galego, a detallada análise levada a cabo para configurar o Plan detectou un total de 731 ámbitos correspondentes a 9.651 hectáreas non acordes co modelo do plan e, polo tanto, que serán paralizados de forma cautelar.
No ámbito dos 500 metros mantense a paralización en 6.859 hectáreas correspondentes a 465 solos. Nesta franxa levántase a suspensión cautelar a 259 solos correspondentes con 514 hectáreas que estaban paralizados. Estes últimos ámbitos, na súa maioría, son solos urbanos non consolidados integrables na trama urbana ou solos cuxa entidade ou ordenación pormenorizada é compatible co modelo do plan.