Tras dúas exitosas convocatorias, o programa “Espazos Sonoros” inaugura a súa terceira edición fiel a si mesmo na busca das conexións entre a música e o patrimonio arquitectónico e cultural galego. O festival organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, comezará o próximo venres 3 de setembro e se prolongará ata o 31 de outubro para amosar o traballo dun total de 26 formacións musicais. “Espazos sonoros” pretende dar a coñecer as propostas artísticas e musicais nas que están a traballar algunhas das formacións galegas máis relevantes, que compartirán escenario con formacións de relevo internacional.
A programación comprende un total de 45 concertos e diferentes actividades que se desenvolverán en 21 espazos de interese cultural localizados en Santiago, Vigo, Pontevedra, Betanzos, Ferrol, Iria Flavia, Herbón, Malpica de Bergantiños, Ourense, Xinzo de Limia, Leiro, Rivadavia, Cervo, Ribadeo, Folgoso do Courel, Mondoñedo e Monforte de Lemos. O concerto inaugural terá lugar o vindeiro venres 3 de setembro na compostelá Igrexa de San Domingos de Bonaval ás 20.00 horas, da man da arpista Arianna Savall xunto coa formación Hirundo Maris.