A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño – dependente da Consellería de Economía e Industria – leva, por terceiro ano consecutivo, un stand institucional da marca Artesanía de Galicia á feira profesional Tendence, que se celebra en Frankfurt do 27 ao 31 de agosto. A xerente da Fundación, Elena Fabeiro Castro, viaxou ata esta cidade alemá para acompañar os artesáns galegos que participan nun dos encontros profesionais de maior relevancia no sector da decoración en Europa.
Da man da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, baixo a imaxe única da marca, participan en Tendence sete artesáns galegos de diferentes ámbitos que expoñen o seu traballo nun stand que se complementa cun espazo promocional de Artesanía de Galicia.
A cesteira Idoia Cuesta ou o obradoiro Regal Cerámica Artesán compartirán espazo cos complementos de María Meda e de La Böcöque, coas xoias en cerámica de Marta Armada, coa bixutería de Helena López ou coas pezas de coiro do obradoiro Cabuxa.