O municipio pontevedrés de Bueu celebra esta fin de semana unha nova edición da Festa do Polbo. Os actos comezan este venres coa apertura dos stands de venda ás oito da tarde e a proxección do documental “Conserveiras de Bueu”. O sábado e o domingo continuarán os actos festivos. A encargada de ler o pregón será Covadonga López, directora do Museo Massó. Nas mesmas datas terá lugar tamén o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais.