Charlas sobre as excavacións arqueolóxicas da Lanzada no Café Moderno

O Café Moderno de Pontevedra acollerá unha serie de cinco charlas nas que se abordarán aspectos relacionados coas escavacións arqueolóxicas que se están a realizar na Lanzada. Estas exposicións, que se celebrarán entre o tres de setembro e o un de outubro en horario de 20 a 21 horas, están promovidas pola Deputación Provincial de Pontevedra e polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).