Santiago acolle a exposición “Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez” que, en verbas do conselleiro de Cultura e Turismo é “a principal proposta de carácter histórico e divulgativo do fenómeno das peregrinacións” programada polo Xacobeo. Poderase visitar no mosteiro de San Martiño Pinario ata o vindeiro 15 de outubro. A mostra percorre a traxectoria vital do arcebispo de Compostela e o legado das súas viaxes a Roma a través das vías de peregrinación francesas do século XII.
Mentres, a sala de exposicións do Pazo Municipal da Coruña acolle, ata o 26 de setembro, a mostra “Francisco Leiro. Celebrando o Códice Calixtino”. A exposición afonda nunha das obras mestras do medievo galego a través das creacións que o pintor e escultor cambadés ideou para a nova edición deste texto, que supón a tradución, por primeira vez, do manuscrito do latín ao galego.