A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reiterou o seu compromiso de traballar a prol do sector conserveiro e transformador como parte fundamental da liña de futuro do sector marítimo – pesqueiro galego e da súa cadea mar – industria. Así o manifestou trala súa visita á fábrica de conservas de peixe e marisco Pescamar en Poio, onde, tras percorrer as súas instalacións e coñecer de primeira man o traballo diario desta empresa, salientou a importancia de “saber adaptarse aos cambios, asumilos e especializar os contidos da labor”.
A conselleira fixo fincapé en que o futuro deste sector pasa en boa parte pola implantación e aplicación de actividades de I+D+I e polo desenvolvemento de novos produtos para chegar a todos os mercados e de adaptarse ás novas tendencias de consumo.
Neste sentido, Quintana gabou a Pescamar polas súas actuacións na busca dunha maior competitividade, mediante esta fórmula “ao tempo que respecta o medio ambiente , garante a estabilidade e calidade do emprego e evidencia un gran interese na alimentación infantil”. Así, referiuse a preocupación da empresa na promoción dunha dieta saudable para os nenos e ao desenvolvendo da súa nova liña de conservas infantís Pescamar Kids.