Dende a posta en marcha do dispositivo da Fundación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o 1 de abril, os dispositivos sanitarios do Xacobeo atenderon máis de 3.600 peregrinos. Só un 8% dos mesmos tiveron que ser derivados a un hospital.
Os motivos de atención máis comúns son propios de longos días e horas camiñando, así como un estilo de vida ao que o corpo non está acostumado. Do total de peregrinos que se achegaron para recibir asistencia aos Puntos de Atención ao peregrino do Monte do Gozo e Casa do Deán, nun 51,6% tratouse de lesións de pel, seguido dun 15,3% de deterioro da deambulación, nun 11,05% de problemas de mobilidade física (escordaduras, tendinites, torceduras...), e o resto de problemas de saúde tratados foron a causa de fatiga, infeccións respiratorias, molestias gastrointestinais, etc.