O Servizo de Gardacostas de Galicia conseguiu, no primeiro ano da posta en marcha do Plan de Loita contra o Furtivismo, aumentar as incautacións nun 80% con respecto ao mesmo periodo anterior, co que, segundo explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, “estase a cumprir o obxectivo fixado, que é requisar os medios e aparellos aos furtivos para tratar de erradicar esta práctica nas costas e nas rías de Galicia”.
En concreto, dende que arrancou o Plan, en xullo de 2009, e ata xullo de 2010, o Servizo de Gardacostas aprehendeuse de 34.613 útiles fronte aos 19.038 do ano anterior, o que supón un aumento de máis do 80%. “Estamos contentos pola suba das incautacións, pero non estaremos totalmente satisfeitos ata que este problema sexa erradicado” dixo a conselleira. Unha das metas é que o furtivismo sexa tipificado como delito.