O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, reuniuse con representantes das distintas cooperativas galegas pertencentes ao subsector da horta de cara a poñer en marcha unha marca de calidade. A horta galega posúe criterios e aptitudes para conseguir un recoñecemento e, deste xeito, abrir mercados e fortalecer a imaxe e prestixio destes produtos, segundo sinala a Xunta.
O titular de Medio Rural pediu aos representantes do sector apoio e traballo conxunto para chegar a ese selo de calidade que beneficiará a industria produtiva galega no seu conxunto.
O titular de Medio Rural pediu aos representantes do sector apoio e traballo conxunto para chegar a ese selo de calidade que beneficiará a industria produtiva galega no seu conxunto.