O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, no concello coruñés de Ribeira, onde anunciou que o seu departamento está a traballar na redacción dun novo Plan de Ordenación de Recursos Naturais do devandito Parque, posto que o vixente, que data do ano 1992, “ten unha difícil adaptación ao novo marco normativo derivado da Lei do Patrominio Natural (42/2007) e, sobre todo, da recente Lei do Solo (2/2010)”, indica o Goberno galego. Igualmente, o novo documento en redacción achegaría unha adaptación ás esixencias derivadas do novo marco normativo que regula a Rede Natura. O Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é o máis visitado de Galicia.
Aproveitando a visita ao Parque Natural, o conselleiro do Medio Rural e o alcalde de Ribeira asinaron un convenio de colaboración en materia de tarefas de vixilancia para a praia do Vilar, único areal de toda Galicia situada dentro dun Parque Natural e que se caracteriza pola presenza de fortes correntes.