A localidade portuguesa de Monçao vaise converter en referencia para o mundo da moda co gallo de SummerFashion/Breijoeira Party, unha pasarela de moda que terá lugar no incomparable marco do Palacio da Breijoeira o vindeiro 28 de agosto. Nesta pasarela “participarán os mellores estilistas de Portugal”, segúndo precisa o vicepresidente da Cámara Municipal, Augusto Domíngues. Trátase dunha pasarela de moda que estará á altura das que se celebran en Lisboa e Oporto e constituirá un motivo engadido para achegarse á vila veciña de Salvaterra do Miño, onde por esas datas se celebra a Festa do Viño de Condado.
Monçao é un dos municipios miñotos máis dinámicos e acolledores. Son moitas as actividades que propician a escapada dos galegos como os xa celebrados Festim Quinhentista, a Festa da Coca ou a Feira do Alvarinho. Ademais, a vila ofrece ao longo do ano unha excelente gastronomía nos seus restaurantes.