Dentro dos proxectos do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte vai desenvolverse unha iniciativa que tentará poñer en valor os produtos que se obteñen da enseada do río Anllóns. Así, o berberecho procedente desta zona venderase cuns envases especiais, elaborados polas propias mariscadoras a partir de materiais de refugallo como restos de redes ou plásticos. Pero ademais crearase unha marca propia para este produto.
Tamén se está a organizar un obradoiro para hostaleiros, que estará dirixido por Manuel García, da escola de restauración de A Coruña, e que amosará as posibilidades culinarias do berberecho.
Tamén se está a organizar un obradoiro para hostaleiros, que estará dirixido por Manuel García, da escola de restauración de A Coruña, e que amosará as posibilidades culinarias do berberecho.