O voceiro de Cultura do Grupo Parlamentario Popular, Ignacio López-Chaves, resaltou que o éxito nas actividades culturais do Xacobeo 2010 demostra a capacidade de xestión do Goberno galego, “que tivo que partir de cero”. Así, López-Chaves lembra que o Bipartito “esqueceu totalmente este evento e a súa potencialidade, tanto desde o punto de vista económico como social e de proxección de Galicia” e non deixou “nada planificado nin moito menos programado”.
“O éxito da programación musical do Xacobeo, a súa variedade e o tela estendido equilibradamente por todo o territorio de Galicia demostran o acerto na xestión da Consellería de Cultura e acalan a quen desde a oposición trataron de desprestixiala”, conclúe Ignacio López-Chaves.